.


Benvid@s a este Blogue dedicado a aprendizaxe da Xeografía e Historia do 1º Ciclo da ESO.

Para acceder ás diferentes entradas dos diferentes Temas ou ben a diferentes recursos e actividades, cliqueade nas pestanas amarelas da esquerda, correspondentes a cada un dos cursos.

Espero vos serva para reforzar o voso aprendizaxe.


Santi Pazos



ENTRADAS

Tema III: AS FORMAS DA TERRA. O NOSO CONCELLO.


As Capas da Terra:

 A estrutura da Xeosfera:
A Terra é unha grande esfera lixeiramente achatada polos polos que se divide en tres grandes zonas concéntricas. A parte máis interna é o núcleo e supón un 15% do volume total do planeta. Ao seu redor está o manto, que representa un 84% do volume da Terra.
A capa externa é a codia, que apenas representa o 1% do total do planeta. A codia, xunto coa parte superior do manto, recibe o nome de litosfera.
A codia terrestre
A codia terrestre ten unha anchura moi desigual. A codia terrestre non é lisa, senón que forma montañas, vales, depresións e chairas que configuran o relevo da Terra.
O relevo da Terra, aínda que parece estable, cambia debido á acción dos axentes internos (volcáns e terremotos) e externos. Os relevos transfórmanse tamén lentamente pola acción da auga, do vento e da actuación humana. 
Actividade de repaso
A deriva dos continentes
Segundo a teoría da deriva dos continentes, a codia da Terra estaba formada por un único continente, denominado Panxea, que aboiaba sobre o manto.
O movemento de rotación da Terra rompeu este único continente dando lugar ás chamadas placas tectónicas.
Malia os lentos movementos, cando dúas placas baten unha delas pode elevarse formando grandes cordilleiras, mentres que a outra se afunde ata crear profundas fosas mariñas.
Os puntos de contacto entre dúas placas son áreas de grande inestabilidade, que se manifesta en forma de terremotos e volcáns.

Os axentes internos As forzas internas da Terra ou axentes internos, provocan os terremotos e os volcáns.
Os terremotos son sacudidas que se orixinan no interior da Terra e que se propagan en forma de ondas sísmicas. 

Os volcáns son profundas fendas na codia terrestre polas que ascende o magma. Este pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica.
Nas erupcións volcánicas expúlsanse gases, cinza, pedras e lava incandescente. Estes materiais, ao contacto co aire, arrefrían e forman os chamados conos volcánicos.
Os axentes externos
As formas do relevo tamén son o resultado dos axentes externos: auga, vento, vexetación, ser humano…
A auga, principal axente modelador da paisaxe, pode actuar intensamente e de diversas maneiras: a auga da chuvia (barrancas, vales, chairas e deltas), a auga xeada, as ondas, as correntes mariñas, as mareas (praias, golfos), ...
O vento desgasta as rochas e erosiónaas.
As raíces de plantas e árbores poden axudar a romper as rochas, pero tamén a fixar o solo na aba das montañas.
O Ser Humano actúa sobre o medio físico transformando a paisaxe natural (edificación de cidades, vías de comunicación, encoros, pontes, portos, etc.,)
Actividade de repaso Vicens Vives

Formas de relevo : 
O relevo terrestre (Fonte Juanjo Romero)
Relevo Continental (Fonte Isaac Buzo Sánchez)
Relevo Oceánico  (Fonte (Fonte Isaac Buzo Sánchez) 
Formas do Relevo Costeiro ou do litoral (Isaac Buzo Sánchez)

Aprender a definición de cada unha das formas do Relevo

Amplía Conceptos deste Tema

A división do mundo en continentes
Os continentes son grandes extensións de terras emerxidas que separan os océanos:
A auga ocupa tres cuartas partes da superficie terrestre e forma cinco grandes océanos:
o Pacífico, o Atlántico,  o Índico e os acéanos Glacial Ártico e Glacial Antártico
Algúns sectores dos océanos situados xunto ás costas denomínanse mares (como o Caribe ou o Adriático).
Nos océanos e nos mares emerxen algunhas porcións de terra rodeadas pola auga que se denominan illas, que cando se agrupan forman arquipélagos
Actividades multimedia Vicens Vives: Actividade
O NOSO CONCELLO 
Península de Barbanza. Formada pola comarca da Barbanza e tamén por parte da bisbarra de Muros-Noia
A Bisbarra do BARBANZA:  Formada polos concellos de: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira
Península do Barbanza Ademáis dos anteriores tamén están nela: Porto do Son, Noia e Lousame

Accidentes xeográficos máis importantes:
Parroquias que o forman: Aguiño,  Artes, Carreira, Castiñeiras Corrubedo, Oleiros,Olveira, Palmeira, Ribeira
Montes: A Curota, A Garita, Castro da Cidade, Facho, Os castelos, Os Forcados, San Alberto, Tahume
Ríos: Listres, Artes
Lagoas: Carregal, Vixán
Illas: Falcoeiro, Forcadiño, Noro, O Carreiro, Rúa, Sagres, Sálvora, Vionta
Praias: A ladeira, A Tasca, Penisqueira, Area Secada, Baleiros, Castro, Corna, Coroso, O Vilar
Cabos: Corrubedo, Punta de Couso
MAPAS:
 Ribeira                                                                               Ribeira Mudo        

Para saber máis sobre Ribeira
 

No hay comentarios:

IBSN: Internet Blog Serial Number 01-02-2010-04